Aprende a emprender. Emprende o vóo.

Que é o VóoCamp
Chámalle aproveitar ben o tempo. Catro tardes de verán aprendendo a resolver por ti mesmo o deseño de produto, o traballo en equipo, o deseño de plans de negocio e a comunicación corporativa.

Quen está detrás
Detrás e diante deste Campo de entrenamento para pór en marcha proxectos tes á xente de Vermis Project, Nubescola, Factoría Colaborando e Doutroxeito Coworking.

Cando, canto e onde
Os catro talleres celebraranse en Doutroxeito Coworking os venres 27 de xuño e 4, 11 e 18 de xullo respectivamente. O prezo de cada taller é de 50€, con descontos se te inscribes en máis de un.
Infórmate en info@voocamp.com

Más información   http://voocamp.com/


Dentro da iniaciativa Voo Camp e xunto con JorgeFente levaremos a cabo a actividade:



Taller Lean StartUp: modelo Canvas.
O pensamento crea pronto, equivócate rápido está triunfando e correndo como a pólvora para chegar ás cabezas de emprendedores, autónomos, empresarios e intraemprendedores, pero ¿sabes o que é? ¿cómo manexalo ao teu favor?

Programa do taller

  • Coñece o significado do modelo Lean StartUp / Aproximación ao modelo Canvas.
  • Aprende a elaborar un Canvas para visualizar un modelo de negocio.
  • Aprende a aplicar o Canvas como ferramenta de diagnóstico e innovación.
  • Comparte os teus resultados e aprende en colaboración coas demáis personas participantes.

Taller Lean StartUp: modelo Canvas.